12 jun 2011


Este venres celebrouse a IV Xornada de Clubs
de Lectura en Santiago de Compostela.

Unha actividade ben interesante, que conseguiu
reunir a máis de 200 persoas en torno á lectura.

¡¡Parabén aos organizadores!!

3 jun 2011




¿Sabedes cantas obras de Shakespeare inspiraron os libretos das óperas?

Achegádevos ao Club de Lectura e poderédelo descubrir...

11 may 2011




¡¡Moitas grazas Marcos!!

Pasámolo moi ben onte, escoitando cómo "compoñes" os teus libros.


Foi unha xuntanza moi agradable e moi interesante, e estamos desexando que publiques xa a próxima historia, que con esa linguaxe que empregas, tan sonora, seguro que nos terá pendentes da música a través das palabras...

4 may 2011


Xuntanza con MARCOS CALVEIRO en torno ao seu libro Settecento

Martes, 10 de maio, ás 20:00 h. na biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de Vigo

¡¡NON PODEDES FALTAR!!

6 abr 2011

"El síndrome Mozart" de Gonzalo Moure

Perante un verán nun pobo de Asturias, Irene coñece a Tomi, un rapaz moi especial cun gran talento musical.

Irene descobre, nun apaisoado diálogo a través da música, que Tomi ten un síndrome que poido ter Mozart...

16 feb 2011

"Settecento" de Marcos Calveiro
O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da Serenísima República unha mañá do ano de 1739 e, coma nun teatro barroco, álzase o pano deste melodrama para música no que todos os personaxes semellan agochar sentimentos e intencións tras unha branca máscara de Entroido.

Baixo a atenta ollada dun alado león de mármore, Antonio Vivaldi prepara a estrea da súa nova opera, quizais a súa derradeira oportunidade de acadar o éxito de antano, mentres procura por un stradivarius perdido que moitos anos máis tarde escoitaremos nos oficios da catedral de Santiago.

É, no celme harmónico deste prodixioso instrumento e nas habelenciosas mans do seu intérprete, onde fica o segredo dunha historia de culpa e redención, de amor e desexo, de loita e resignación, de fulgor e decadencia. Quizabes distintas notas para unha melodía arreo repetida na partitura das nosas vidas.

21 dic 2010



¡¡¡¡¡BO NADAL E...
PRÓSPERO ANO 2011!!!!!!!!

Dende o Club de Lectura do Conservatorio Profesional de Música de Vigo,
¡¡desexámosvos todo o mellor para este novo ano que comeza!!