Dende o Club de Lectura do Conservatorio Profesional de Música de Vigo,
¡¡desexámosvos todo o mellor para este novo ano que comeza!!
1 dic 2010
"Junto al pianista" de David Leavitt
Paul Porterfield ten 18 anos e o seu sono é ser un gran pianista, ovacionado nos teatros do mundo.
Entretanto, e mentras se prepara para ingresar na prestixiosa academia Juilliard, é elixido para pasar as páxinas da partitura nun concierto do seu ídolo, Richard Kennington.
Pero Paul é demasiado guapo como para resultar invisible á moi sensible mirada do atractivo e moi admirado Richard Kennington...
A idea de crear o Club de Lectura no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, parte do entusiasmo dalgúns profesores, que, apoiados pola ANPA do centro, fomentan este proxecto dende o curso 2009/10.
O Club pretende promover e incentivar a lectura en xeral facendo que cada membro do grupo exprese a súa opinión nun ambiente de respeto e liberdade. Así como a creatividade mediante a creación de contos, poesías, etc.
Dado que o Club estará formado pola comunidade educativa do Conservatorio, unha das ideas principais deste club e escoller, por consenso, algúns dos mellores traballos feitos por eles e crear a música original.