26 may 2010


XA ESTAMOS A PIQUES DE GRAVAR O AUDIO-LIBRO NO GRUPO DO CLUB DE LECTURA DOS XOVES ÁS 20:30 h.


O libro que imos utilizar é "Novecento" de Alessandro Barico.

Nos anos de entregruerras, un transatlántico, o Virginia, percorría as rutas entre Europa e América. Nel tocaba cada noite un pianista extraordinario chamado Novecento....
"El coleccionista de sonidos" de Fernando Trías de Bes

SEGUINDO COA TRILOXÍA DESTE ESCRITOR, ESTE VAI SER O NOVO LIBRO DO CLUB DE LECTURA DOS MARTES ÁS 19:00 h.

Dende neno, Ludwig Schmitt ten a asombrosa capacidade de albergar tódolos sonidos no seu interior.

Cando cre que a súa colección está feita, descobre que lle falta unha frecuencia única, a máis ansiada, un son perfecto, celestial, máxico e eterno...

3 may 2010

Última sesión do Club de Lectura dos martes co libro "Una música constante". ¡¡A próxima farémola co libro "Palabras bajo el mar" de Fernando Trías de Bes!!

15 abr 2010


"Palabras bajo el mar" de Fernando Trías de Bes

NOVO LIBRO PARA O CLUB DE LECTURA DOS MARTES ÁS 19:00 h.

Tres membros da mesma saga familiar loitan por liberarse dun pasado sombrío que parece proxectarse de xeración en xeración.

Só coa forza da imaxinación poderán enfrentarse a unha serie de segredos familiares.

Unha novela cunha galería de personaxes inolvidables no seu heroísmo cotidiano...

5 mar 2010

"La capilla blanca" de Isabel Llor Cerdán

NOVA ACTIVIDADE PARA MAIORES DE 12 ANOS

Venres de 17:00 a 18:00 horas

Despois da lectura do libro, haberá xuntanzas coa escritora na biblioteca.

PRAZO DE INSCRICIÓN DO 8 AO 12 DE MARZO, NA CONSERXERÍA

3 mar 2010

"Una música constante" de Vikram Seth

Michael Holme é un violinista novo de gran talento que renunciou á súa prometedora carreira como concertista e ao amor da súa vida.

O reencontro fortuíto con Julia, a pianista á que amou e perdeu dez anos atrás, levaralle descubrir que nunca hai unha segunda oportunidade...

¿Queres saber qué lles deparará o futuro? Ven á biblioteca a recoller o libro. Estaremos encantados de atenderte.

No que se refire á música que enlaza o camiño entre estes dous personaxes..., temos que dicir que é a banda sonora do Club de Lectura dos martes ás 19:00 h.

31 ene 2010

ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA

(profes, alumn@s, nais, pais, persoal administrativo…)

SÓ UNHA SEMANA DE PRAZO PARA ANOTARTE EN CONSERXERÍA
(DO 1 AO 5 DE FEBREIRO)
OS GRUPOS COMEZARÁN A SÚA ANDAINA A PARTIRES DO 8 DE FEBREIRO

Isabel Llor:
venres de 12:00 a 13:00 ou venres de 17:00 a 18:00.
Taller de linguaxe creativo e conta contos.
Explora tódalas posibilidades do linguaxe e aprende a escenificalo.
Fai os debuxos, a música e a coreografía.

Marta Sancho:
martes de 19:00 a 20:00.
Historias de músicos, e audición da música que lles da vida.
Lectura do libro:
“Una música constante de Vikram Seth”.
Un mes e medio despois de entregar os libros, quedaremos para escoitar a música que enlaza a historia destes personaxes.

Rosa Gayoso:
xoves 20:30 a 21:30.
Historias musicais que viaxan dos libros ao cine.
Lectura do libro “Novecento”,
e o visionado conxunto da película relacionada con el:
“La leyenda del pianista en el fondo del océano”,
ademais de actividades relacionadas cos aspectos musicais do libro.
(Quedaremos unha vez al mes)

Carmen González:
xoves de 12:20 a 12:35.
Lectura de textos en inglés.
Lectura do libro:
“Relatos de Roald Dahl” en inglés e comentario do mesmo tamén en inglés, para practicar a lingua que nos permitirá comunicarnos con músicos, persoas relacionadas coa danza, o teatro…. doutros países.
(Quedaremos cada 3 semanas)