27 sept 2010

NOVAS ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA PARA MAIORES DE 18 ANOS

(profes, alumn@s, nais, pais, persoal administrativo…)

SÓ UNHA SEMANA DE PRAZO PARA ANOTARTE EN CONSERXERÍA (do 27 de setembro ao 1 de outubro)

OS GRUPOS COMEZARÁN A SÚA ANDAINA A PARTIRES DO 4 DE OUTUBRO


Marta Sancho:

Martes de 19:00 a 20:00.

Historias de músicos, e audición da música que lles da vida.

Unha vez ao mes, quedaremos para escoitar a música que enlaza a historia das personaxes dos libros deste Club, e para comentar as súas andainas.


José Antonio Campo:

O horario o fixaredes os participantes deste grupo en función das vosas dispoñibilidades.

Lectura de Romeo y Julieta. O libro do cal xurdiron moitas historias de ópera.

Aproveita este grupo co profesor de canto. Seguro que non che deixará indiferente…

22 sept 2010


O día 11 de xuño, en Santiago de Compostela, celebrouse a Xornada dos Clubs de Lectura deste ano 2010.

Ao longo de todo o día, no só tivemos a posibilidade de asistir a conferencias ben interesantes, senón que os profes encargados dos Clubs de distintos centros, puidemos falar entre nós e compartir as nosas vivencias.

A aprendizaxe foi moita, e o noso Club aparece xa no blog elaborado pola Consellería "Ler en mancomún" no seguinte enlace:

http://lerenmancomun.blogspot.com/

¡Grazas a tódolos que participaches o curso pasado no Club, e benvidos aos novos lectores!

¡Vémonos na biblioteca!