
O día 11 de xuño, en Santiago de Compostela, celebrouse a Xornada dos Clubs de Lectura deste ano 2010.
Ao longo de todo o día, no só tivemos a posibilidade de asistir a conferencias ben interesantes, senón que os profes encargados dos Clubs de distintos centros, puidemos falar entre nós e compartir as nosas vivencias.
A aprendizaxe foi moita, e o noso Club aparece xa no blog elaborado pola Consellería "Ler en mancomún" no seguinte enlace:
http://lerenmancomun.blogspot.com/
¡Grazas a tódolos que participaches o curso pasado no Club, e benvidos aos novos lectores!
¡Vémonos na biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario