6 oct 2010


Agora xa podes seguirnos en facebook.

Faiche fan, e aparecerán na túa páxina de inicio tódalas actualizacións, eventos e comentarios do Club.

27 sept 2010

NOVAS ACTIVIDADES DO CLUB DE LECTURA PARA MAIORES DE 18 ANOS

(profes, alumn@s, nais, pais, persoal administrativo…)

SÓ UNHA SEMANA DE PRAZO PARA ANOTARTE EN CONSERXERÍA (do 27 de setembro ao 1 de outubro)

OS GRUPOS COMEZARÁN A SÚA ANDAINA A PARTIRES DO 4 DE OUTUBRO


Marta Sancho:

Martes de 19:00 a 20:00.

Historias de músicos, e audición da música que lles da vida.

Unha vez ao mes, quedaremos para escoitar a música que enlaza a historia das personaxes dos libros deste Club, e para comentar as súas andainas.


José Antonio Campo:

O horario o fixaredes os participantes deste grupo en función das vosas dispoñibilidades.

Lectura de Romeo y Julieta. O libro do cal xurdiron moitas historias de ópera.

Aproveita este grupo co profesor de canto. Seguro que non che deixará indiferente…

22 sept 2010


O día 11 de xuño, en Santiago de Compostela, celebrouse a Xornada dos Clubs de Lectura deste ano 2010.

Ao longo de todo o día, no só tivemos a posibilidade de asistir a conferencias ben interesantes, senón que os profes encargados dos Clubs de distintos centros, puidemos falar entre nós e compartir as nosas vivencias.

A aprendizaxe foi moita, e o noso Club aparece xa no blog elaborado pola Consellería "Ler en mancomún" no seguinte enlace:

http://lerenmancomun.blogspot.com/

¡Grazas a tódolos que participaches o curso pasado no Club, e benvidos aos novos lectores!

¡Vémonos na biblioteca!

26 may 2010


XA ESTAMOS A PIQUES DE GRAVAR O AUDIO-LIBRO NO GRUPO DO CLUB DE LECTURA DOS XOVES ÁS 20:30 h.


O libro que imos utilizar é "Novecento" de Alessandro Barico.

Nos anos de entregruerras, un transatlántico, o Virginia, percorría as rutas entre Europa e América. Nel tocaba cada noite un pianista extraordinario chamado Novecento....
"El coleccionista de sonidos" de Fernando Trías de Bes

SEGUINDO COA TRILOXÍA DESTE ESCRITOR, ESTE VAI SER O NOVO LIBRO DO CLUB DE LECTURA DOS MARTES ÁS 19:00 h.

Dende neno, Ludwig Schmitt ten a asombrosa capacidade de albergar tódolos sonidos no seu interior.

Cando cre que a súa colección está feita, descobre que lle falta unha frecuencia única, a máis ansiada, un son perfecto, celestial, máxico e eterno...

3 may 2010

Última sesión do Club de Lectura dos martes co libro "Una música constante". ¡¡A próxima farémola co libro "Palabras bajo el mar" de Fernando Trías de Bes!!

15 abr 2010


"Palabras bajo el mar" de Fernando Trías de Bes

NOVO LIBRO PARA O CLUB DE LECTURA DOS MARTES ÁS 19:00 h.

Tres membros da mesma saga familiar loitan por liberarse dun pasado sombrío que parece proxectarse de xeración en xeración.

Só coa forza da imaxinación poderán enfrentarse a unha serie de segredos familiares.

Unha novela cunha galería de personaxes inolvidables no seu heroísmo cotidiano...